"Se vos dan papel pautado, escribide polo outro lado" JRJ

Alfaias

25 Maio 2005 at 03:26

Lois Pereiro DLG 2006

Únome a campaña blogueira de María e a reivindicación Jaure, pero en vez de postear un poema de Lois, poño este daquel Rivas co que tanto gozaba, hoxe perdido para sempre no rodopío mediático.
Sempre pensei que falaba deles dous, de dous soñadores chimpando nas pucharcas nas calexas daquela capital onde as metáforas e as loias agromaban dos sumidoiros elevándose ao ar coa incerteza do futuro. Agora esas mesmas calexas fican esvaradías por unha mulime de lembranzas e ideais estragados e a certeza do que nos agarda inzase por tódolos recunchos como unha vagarosa morte doce.

Poetas

Caínlle folerpas azuis pola sombra dos ollos.
Se nos damos présa,
dixo cun sorriso,
poderemos saír na Gran Enciclopedia Galega.
Efectivamente, os nosos apelidos estaban na fin do alfabeto.
Pero aquel inverno de Madrid
coñecimos unhas mozas
que aprazaron a nosa entrada na Historia.

Manuel Rivas, Ningún cisne
Sotelo Blanco Edicións, 1989.

Chuzame! A Facebook A Twitter
-
3
  • María
    20:55 on Maio 24th, 2005 1

    Boa, si señor. :)

  • Jaureguizar
    22:31 on Maio 25th, 2005 2

    Acabo de informarme, por polirebote, de que alimentas un blog. Alédome. Támén do apoio para o de Lois Pereiro, pero case que máis de que algúen se lembre da Joy Division. ¡De cantas tarde de aburripresión me rescataron! Nomeadamente o Love will tell us apart.

  • O galego é sexy e punki | Alfaias
    11:04 on Agosto 11th, 2010 3

    [...] foi a determinante na escolla de Lois Pereiro para a homenaxe do Día das Letras do 2011 (aquí xa reivindicada de vello). Despois do belixerante informe da RAG contra o decreto do galego non había outra. O [...]

  • Twitter Calveiro

  • Artigos recentes

  • Falaron

  • Histórico

  • Os meus libros

  • As miñas colaboracións en

Olark Livehelp