"Se vos dan papel pautado, escribide polo outro lado" JRJ

Alfaias

31 Decembro 2009 at 00:57

Os verdugos

queridisimos

Aquí  tedes os nomes e os rostros deses once homes  e  mulleres sen piedade e do seu infame caudillo que onte, ás agachadas,  pasaron con letras ben grandes a historia da ignominia como verdugos da nosa lingua. Aprendédeos ben e transmitídeos aos vosos fillos para que eles o fagan a súas vez aos seus, xeración tras xeración. Nin esquecer nin perdoar.

E agora  hai que prepararse, fornecerse ben  para comezar a loita. Non vos desexo bo aninovo, pois non o vai ser, mais sei que nos atoparemos nas rúas, nas escolas e nas prazas  berrando ben alto  en defensa da nosa lingua.  Alí nos vemos.

Un rápida lectura das bases aprobadas onte (graciñas Martin) acreditan a covardía política de Feijoo e os seus sicarios trasladando o problema da lingua ás escolas, aos pais e aos educadores con esa consulta vinculante que é un auténtico diparate xurídico. Temos  todas as accións legais da nosa parte para recorrelo cando se aprobe: ningúen pode obrigar legalmente aos meus fillos a estudar nunha lingua non oficial neste país, iso supón unha clara conculcación dos seus dereitos fundamentais. Amais, nestas bases fálase sempre de lingua estranxeira, sen especificar,  e se votamos para que as clases de coñecemento sexan en chinés ou en arameo? E o máis  importante, somo nós, pais e nais, os que levabamos aos nosos fillos ás escolas, se podemos  escoller  a lingua á carta, podemos tamén deixalos na casa  ata que se garantan á totalidade dos seus dereitos lingüísticos: penso que ao cabo ese vai ser o camiño, a nosa maior arma de loita, a non escolarización,  haberá que ir pensando en como nos organizamos.  

Asemade das trece páxinas do PDF, e da redución ao 33 %  que xa coñecíamos, o máis importante  é este apartado, a verdadeira trampa:

Disposición transitoria 1ª
Na medida en que os centros educativos non dispoñan dos recursos humanos que lles permitan ofertar as horas semanais en lingua(s) estranxeira(s, estas impartiranse en galego ou castelán, escoitando a opinión das familias e aprobando no Consello Escolar unha asignación lingüística que asegure o máximo equilibrio na distribución de horas semanais nas dúas linguas oficiais. 
Chuzame! A Facebook A Twitter
-
10
  • parvotrón
    01:50 on Decembro 31st, 2009 1

    Sicarios do bipartito dando recados a sicarios do feixismo. Imos pasalo moi pero que moi ben!

  • pawley
    03:48 on Decembro 31st, 2009 2

    O problema para min está aquí:

    3. En todas as áreas, materias ou módulos impartidos en galego ou castelán o alumnado poderá utilizar nas manifestacións oral e escrita a lingua oficial da súa preferencia.

    Se o alumno pode desenvolverse unicamente na lingua da súa preferencia, dispón de material pedagóxico nesa lingua e ademais non ten ningunha obriga de empregar a outra a non ser na asignatura específica, como vai adquirir un coñecemento pleno das dúas?

  • folerpa
    11:25 on Decembro 31st, 2009 3

    Martin ese é o bilinguismo cordial do que falan: libro en galego pero deberes e exames en castelán. O proceso diglósico vai ser imparable…

  • folerpa
    11:29 on Decembro 31st, 2009 4

    Por certo, algún equilibrista http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2009/12/31/0003_8201562.htm xa ladrou lixeiro á voz do seu amo.

  • Loureiro
    11:52 on Decembro 31st, 2009 5

    Si, aquí o equilibrista escribiu en galego. Copioulle a Ventoso cando lle quere dar un bo mandoble á nosa lingua.

  • Fran
    12:05 on Decembro 31st, 2009 6

    A Caneiro afectoulle a gripe A. Segue a opositar a parvo do pobo. Se non estivera onde está nin nos enterariamos de que existe

  • parvotrón
    12:41 on Decembro 31st, 2009 7

    Caneiro = sicario do feixisimo
    Calveiro = sicario do bipartito

    Por se alguén tiña dúbidas, xa quedou todo claro.

  • Un lector
    14:32 on Decembro 31st, 2009 8

    O tal Parvo (trón) falando de sicarios! Pois véselle ben a orella!
    Moi ben polo post,señor Folerpa. Ánimo, que hai moito que facer!

  • Acuática
    18:45 on Decembro 31st, 2009 9

    Parvotrón se quere falar de sicarios lea un pouquiño: http://www.publico.es/culturas/281742/familiares/miguel/hernandez/piden/retirada/poemario/anti/zapatero.

    Bilinguismo cordial. Onde terán estes o corazón…Buf!

  • Lizgairo
    20:36 on Xaneiro 3rd, 2010 10

    E a respeito do tal Parvo (trón), que se dedica a recorrer todos os blogues, lixando , insultando, enmerdando, como no post das 12,41 , non sería mellor simplemente ignoralo?

  • Twitter Calveiro

  • Artigos recentes

  • Falaron

  • Histórico

  • Os meus libros

  • As miñas colaboracións en

Olark Livehelp