Falei aquí non hai moito do que supuñan para min os encontros nos centros educativos cos rapaces. Pois ben rematada a longa xira que comecei o 23 de novembro pasado e que me levou a percorrer máis de 50 centros do país, dar máis de 60 charlas e enfrontarme a 4.000 rapaces aproximadamente, só me queda dar as grazas.
A educadores, bibliotecarias, mestras e equipos directivos por seguir aí, en primeira liña loitando para que os rapaces lean e polo agarimoso recebemento que me brindaron.
Ás mozas e mozos, polas risos, as preguntas intelixentes, as olladas de complicidade, as afiadas críticas, os vaciles, por descubrirme cousas que eu non sabía que levaba dentro e que penso que me fixeron mellor.
E finalmente aos comerciais das editoras, polo seu esforzo e amabilidade, polas moitas conversas mentres faciamos quilometros polas estradas. Grazas a Matu, a Ana, a Uxía, a Miguel, a Ricardo, A Bea… e a tantos outros.
Con todos eles un séntese escritor de verdade. Moitas grazas.
Vémonos o próximo curso.











15:52 on Xuño 6th, 2011 1
Grazas a ti pola túa disposición e amabilidade. Un pracer recibirte e escoitarte.
20:50 on Xuño 7th, 2011 2
Mira que és carota ,e aproveitado.O pior un pésimo escritor, vereite cambiar de rumbo ..cousas máis estranas vivín.
22:30 on Xuño 7th, 2011 3
Moitas graciñas, pola túa marabillosa introdución ao noso proxecto. Facendo un exame na EOI, por fin puiden entender como tes semellante cabezón (celebro tamén). Indispensabel saber inglés para poder entendelo, pero é absolutamente recomendabel aínda que so di obviedades. Imosllo mandar aos pais en versión bilingüe (ingles-castelán) na revista escolar.
“Being bilingual may delay Alzheimer’s and boost brain power” e dincho uns ingleses, aqueles polos que tanto debecen na Xuntiña
http://www.guardian.co.uk/science/2011/feb/18/bilingual-alzheimers-brain-power-multitasking?INTCMP=SRCH
22:33 on Xuño 7th, 2011 4
En que estaría eu pensando quixen dicir versión bilingüe ingles-galego. Cando un manda o subconsciente a pacer eche o que pasa