O vagaroso proceso de inmolación colectiva no que levamos tempo metidos rematará axiña. E ese día seremos World Trending Topic e a nova espallarase pola redes socias como a pólvora, como cando falece un desas vellas estrelas de Hollywood que case tiñamos esquecidas.
Un país que aspira a selo precisa medios de comunicación de seu. E a partir de mañá quedamos sen o Galicia Hoxe, xa só resiste o gratuíto L-V. E a partir de mañá seremos menos libres e máis pailáns. O tratamento e a información sobre a cultura galega que fixeron os xornalistas deste diario nos últimos oitos anos e todo un modelo de compromiso e de rigorosidade.
Non ten sentido pensar nun país que só sirva para dar de comer aos seus deputados. Un país ten que ser quen de manter aos seus creadores culturais e aos seus medios de comunicación, senón será un fracaso. E non o estamos acadando… ao contrario.
E non culpemos aos demais, sempre os demais. Non responsabilicemos só aos negacionistas, ás subvencións da Voz, ao mal goberno popular, ao SXPL. Non. Todos nós somos culpables. Todos. No ten sentido reunírmonos no Obradoiro ou na Quíntana nunha liturxia anual, berrando consignas ou axitando as bandeiras, para logo marchar todos cheos para casa e non consumir productos culturais galegos. E non me serve a escusa da calidade, temos cine, literatura e música tan boa como calquera outra, variada e de calidade.
Neste intres para existir temos que resistir. (Re)xistencia é a palabra clave. Senón temos iso presente, tede pro seguro que #Galiza será WTT axiña: o día da súa defunción está preto.
Así que todos os que estades pensado en acudir á troula do 25 de xullo en Compostela, ficade na casa: xuntade os cartos da gasolina, da peaxe, das cañas e da comida e gastádeas en productos culturais galegos. Faredes moito máis por este país que acudindo a esa trasnoitada homilía nacionalista que só serve para que algúns xustifiquen a súa incompetencia e os seus cargos.
(Re)xistencia é a palabra clave.











19:07 on Xuño 27th, 2011 1
Radicalmente de acordo. Temos, sen dúbida o que nos merecemos, empezando polo governo e rematando por Galicia Bilingüe, pero temos que superar este momento. Ánimo.
19:29 on Xuño 27th, 2011 2
[...] Galiza será TT alfaias.blogaliza.org/2011/06/27/galiza-sera-tt/ por raxozorza hai 1 segundos [...]
22:39 on Xuño 27th, 2011 3
Xooo!!! meu! que eu vou vender producto cultural galego ao Festigal, anda e non me amoles co tema, que para os que creamos productos galegos éche das mellores feiras do ano. Homilía nacionalista disque… tamosche bos1
11:11 on Xuño 28th, 2011 4
Por certo, estes son osnomes dos 19 trballadores do #galiciahoxe: Rosabel Marta Henrique Charo Rebeca Rosa Marga Vanesa Miguel Raquel Xan Maricarme Xerardo Carina Laura Antón Chus Montse Romina. vía @rememera
Moitas grzas polo voso traballo.
01:12 on Decembro 10th, 2011 5
[...] horas que seguiron ao anuncio do feche do xornal sucedéronse moitas reaccións, e non poucas delas situaron a responsabilidade no conxunto da sociedade, moi concretamente daquela grande parte [...]