"Se vos dan papel pautado, escribide polo outro lado" JRJ

Alfaias

11 Decembro 2011 at 20:02

Congreso Pereiro?

Cando a RAG escolleu a Lois para dedicarlle  este día das letras todos o celebramos. Foi un ano de celebracións moi afortunado, espectacular, no que a sociedade civil celebrou a Pereiro á marxe das institucións dun xeitoque antes nunca se fixera con outro homenaxeado. Amigos, familia, compañeiros, loisistas puxeron todo e máis, e o ano resultou extraordinario. Incluso a  bibliografía arredor súa publicada este ano acadou un nivel que nunca se dera, con propostas moi variadas, pero magníficas todas elas.

Pois ben, xa o presidente  da RAG nalgunha declaración que agora non atopo, cando lle preguntaban pola implicación e o éxito acadado pola sociedade civil neste ano Pereiro, semellaba sentirse molesto por tal protagonismo do pobo, palabra tan querida por el por certo, e reclamaba con vehemencia para si, para RAG, tal éxito, pois eles foran os que o escolleran.

Todo isto, quizabes explique ese congreso Pereiro que se celebrará en catro días no Gaiás, con relatorios express de ½ hora, convocado pola RAG en ningures e cunha listaxe de convidados dos que case me sobran todos os nomes: a inttelligentsia universitaria e un figurón coma Gimferrer para que a Voz o entreviste esta semana.

En fin, un peche do ano Pereiro lamentable, que ao cabo róubanos ao noso  Lois, case conseguimos que pon puxeran as súas suxas mans enriba del, pero ao remate, nos derradeiros días do ano conseguírono os truáns.   Que lles aproveite. Eu quédome coa festa do Borrazás, co camiñada polas terras do Incio, coa complicidade e xenerosidade da súa familia e amigos, coas obras extraordinarias de Iago, Jacobo e Mario, cos ollos estartelados dun feixe de alemáns cando escoitaron os seus poemas na universidade  libre de Berlín…

-
5
  • Sabela
    15:41 on Decembro 12th, 2011 1

    O mellor do Ano Pereiro para min, foi o cómic de Jacobo Serrano e tampouco o convidaron.
    Pero os donos da marca Lois son Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro .O poeta está morto e seguro que non sería invitado o Congreso elitista,así que durmide en paz.

  • Uxía
    13:41 on Decembro 13th, 2011 2

    En cuanto al protagonismo de Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro en este tema es incuestionable… Hay que agradecerles que gracias a ellos se celebrara un Dia das Letras menos encorsetado y académico… Pero lo que no es de recibo en el caso del hermano del poeta es que esté reescribiendo una época de la movida a su antojo. Resulta que ahora su grupo,Radio Océano, completamente testimonial en la movida y de nula repecusión, aparece en los escritos como ” grupo mítico”???.. (En un artículo reciente sobre los 80 alguien reflexionaba sobre el tema y decía que ” nadie de la época podía recordar un solo tema de este grupo”..cuando se sabían decenas de Siniestro, Golpes…)… Incluso que haya patrocinado una exposición llamada ” Cuando Coruña foi posmoderna”… Algo irrrisorio cuando es indiscutible que los protagonistas de la movida fueron Vigo por la creación y Santiago por la difusión dada las caracterísitcas especialss que vivía la ciudad… Coruña en absoluto…. En fin.. este hermanísimo reescribe la historia en su beneficio…

  • Clamaoceo
    10:02 on Decembro 15th, 2011 3

    O Gaiás non é ese sitio faraónico que todo Dios criticaba mentres o erguían e ao que agora todo Dios quere ir -cobrando como Dios manda? Cousa ruín para o Lois…

  • Chusa
    02:46 on Decembro 16th, 2011 4

    Típico congreso de oportunistas.Un foráneo figurón, un presidente da Academia co pé cambiado e un irmán necesitado de protagonismo aproveitando o gran poeta morto.
    Nin o Gaiás nin a rúa Tabernas ,nin os tódologos en nónima, non sei de quén,figurarían no mapa emocional do gran poeta .
    Noraboa pola talla 38,co de Radio Océano o decano quere amosar que il foi delgado durante uns meses:),alá por mediados do século pasado.

  • sandra
    13:14 on Xaneiro 10th, 2012 5

    Tien razón Uxía Independientemente de los valores literarios de Pereiro o si su trayectoria es o no suficiente para que se le haya dedicado el día mas grande de la Literatura Gallega.. estamos asistiendo a una época de la movida completamente falseada, en relación con la importancia de La Coruña ( ciudad en la que la movida ni se notó) pero sobre todo con las coletillas que aparecen en relación al grupo Radio Océano ” grupo mítico de la movida???? cuando , grupo de desconocido entre los más adeptos a la movida…. sin una sola canción de éxito y q para el que Lois escribió alguna letra…eso sí, liderado por su hermano, periodista de gran predicamento en el mundo de la prensa

  • Os meus libros

  • As miñas colaboracións en