"Se vos dan papel pautado, escribide polo outro lado" JRJ

Alfaias

25 Xaneiro 2013 at 13:03

Pola lingua que nos une

Por se alguén me bota en falta, este domingo non estarei en Compostela. Vou canso.  Por esa lingua que nos une só ás veces, eu traballo día a día. Na escrita no traballo. Nos xulgados, nos centros de ensino.  Arreo. Non preciso berrarllo a ninguén. De nada serve, ninguén escoita.

A protesta xa non é tal, é un rito institucionalizado. Un ollarnos o embigo para redimirnos das nosas culpas e renuncias durante o resto do ano. Saudámonos, subimos as fotiños  as redes sociais, batémonos no peito, exaxeramos sobre os que estabamos na Quintana, tomamos unhas cañas, unhas tapas e logo, satisfeitos  regresamos a casa. Fixemos os deberes, unha vez máis, e van…, salvamos o galego. David venceu a Goliat.

De nada sirve xuntármonos milleiros se logo, acotío, non reivindicamos os nosos  dereitos de galegofalantes, cando pedimos un café con leite cando mercamos nun comercio.

E tampouco serve se non consumimos a nosa propia cultura. Onde están logo os lectores, os espectadores, os consumidores que tanto berran polo galego? Lendo o último bestseller español ou vendo o último blockbuster americano. Lingua e cultura son unha unión indisoluble, unha non pode existir sen a outra.

Cando non queden editoras, nin produtores, nin compañías, nin creadores, que sentido vai ter berrar?

Por todo isto este domingo non estarei en Compostela. Cos cartos da viaxe, mercarei uns libros galegos, ou uns CDs de música galega, ou irei ver unha obra  dunha compañía galega.

Temos que mudar a estratexia. É preciso e urxente. O inimigo é poderoso e aniña no noso propio interior.

-
3
  • ofacho
    22:45 on Xaneiro 25th, 2013 1

    O problema do “galego” é que non hai cidadáns “en galego”. E daí as culturas galegas sempre andan a pedir esmolas. Cómpre, xa, definirmos claramente se o modelo de ensino está a promocionar, non xa mais falantes de galego, mais simplemente máis lectores en galego, ou consumidores en galego.
    Que unha industria editorial se asente nos libros de texto e mais nos libros de lectura… Se até a literatura islandesa pode vivir mellor que a galega! E non é cuestión de calidades ou cantidades. Trátase de “clientes”. A quen lle vendemos os libros? Como creamos novos lectores “en galego”? Talvez o sistema literario vasco, con todas as súas limitacións, nos podería dar algunha lección de por onde camiñar.

  • Un que le
    23:14 on Xaneiro 26th, 2013 2

    Con todos os respectos, Marcos, o teu post recordoume moito a aquel temazo do que tanto gustaba na miña adolescencia (e sigo a gustar, mais co cal nunca concordei en absoluto: “Nada/sirve para nada/El príncipe nunca se convierte en rana”. Por que todo o que facemos ten que “servir” para algo? Ah, e por suposto: “la culpa de todo la tiene Def con Dos” 😉 Apertas!

  • Esther
    16:16 on Febreiro 19th, 2013 3

    Hola: aunque he leído el artículo y los comentarios, no entro a aportarles mi opinión pues entre otras cosas se me escapan muchas palabras ya que no hablo gallego. Me he metido en el debate para comentarle a Marcos Calveiro que quería contactar con él para ver la posibilidad de que participara en un Congreso de Jóvenes Lectores en Gran Canaria y no he encontrado otro medio que este. Lo siento, pero le agradecería me contestara al correo
    ceplaspalmas.asesoria7@gmail.com o me llamara al 928253300. Saludos Esther Elejabeitia

  • Os meus libros

  • As miñas colaboracións en