"Se vos dan papel pautado, escribide polo outro lado" JRJ

Alfaias

4 Xuño 2015 at 12:54

O espello máxico

 

Through_the_Looking-Glass

 

Foron os trobadores occitanos, curmáns afastados dos nosos Martín Códax, Mendiño e demais autores de cantigas de amor, amigo, escarnio e maldicir, os que hai seiscentos anos recuperaron a vella tradición romana dos xogos florais que logo se estenderían por terras catalás, valencianas e tamén galegas.

O pobo romano celebraba estes xogos o 28 de abril, para honrar a deusa Flora e a chegada da primavera. Os xogos dos trobadores occitanos consistían nun certame literario no que os poetas se retaban cos seus mellores versos na procura da aclamación dun público que afervoado asistía as súas retesías e do loureiro co que sería coroado o gañador.

O próximo 2 de xullo celébrase o 153 aniversario doutros Xogos Florais de moita relevancia na nosa cultura e que supuxeron un fito no Rexurdimento da nosa literatura tras séculos de escuridade.  O 2 de xullo de 1861, na Coruña, organizados polos escritores Juana de Vega  e Benito Vicetto celebráronse os primeiros xogos florais da historia da Galicia contemporánea. Por desgraza só unha das composicións premiadas estaba en galego, o poema “A Galicia” de Francisco Añón e que comeza cuns reivindicativos versos que din así.

 

Ai esperta, adorada Galicia,

dese sono en que estás debruzada;

do teu rico porvir a alborada

polo Ceo enxergándose vay.

 

Hoxe estamos aquí para celebrar a nova  edición deste xogos florais do colexio Santa Teresa de Ourense, e quen sabe, quizabes algún día esta celebración entre tamén como aquela da Coruña nos libros de historia, pode que os textos dalgún dos seus participantes marque o comezo dunha sonada e gran carreira literaria, quen o sabe, só o tempo, supremo xuíz de todos nós, poderá darme ou quitarme  a razón.

O lema deste Xogos Florais é “O espello máxico” e  eu como todos vós vouvos presentar o meu breve relato, fora de concurso por suposto, que comeza así:

O rapaz érguese ás agachadas na madrugada cando o seus pais dormen. Leva unha lanterna na man, mais non a acende por medo a que esperten. Temeroso, ás escuras, sae do seu cuarto e camiña polo corredor tendo coidado de non bater e afociñar. Chega ao salón, entorna a porta, e seguro de que xa acadou o seu obxectivo, acende a lanterna. Pasea a súa luzada polos andeis ateigados de libros. Devagar esculca nos títulos dos seus lombos ata que descubre o que lle semella máis suxestivo. Cólleo con coidado e senta no sofá. Pasa as primeiras follas e comeza, baixo a tenue luz da lanterna, a lectura do seu primeiro parágrafo que le en voz  para darse azos e vencer o sono que o asalta:

          “Cando Gregor Samsa espertou unha mañá despois dun soño intranquilo, atopouse sobre a cama convertido nun monstruoso insecto…”

            O rapaz acorda de súpeto coas raiolas do sol que entran pola fiestra do salón. Quedouse durmido co libro entre os brazos. O lanterna esgotou as pilas e fica apagada sobre o seu regazo. Ten unha estraña sensación no corpo e un calafrío atravésao da cabeza aos pés. Son ás 8 de mañá e non sente aos seus pais a falar na cociña mentres preparan o almorzo e escoitan as novas na radio. Todo lle resulta moi raro. Pousa o libro e a lanterna  na mesa e percorre a casa silenciosa ata chantarse diante do cuarto dos seus pais. Cos seus cotelos peta con suavidade. Toc, toc. Non obtén resposta e insiste sen resultado ningún. Toc, toc, toc, toc. Achega a orella a porta e escoita. Uns estraños sons proceden do interior. Uns asubíos e gargarexos arrepiantes. Tremendo pon a man sobre o tirador e abre. Os seus ollos tardan e afacerse ás noitebras  ata que albisca con terror dous xigantes insectos negros deitados na cama dos seus pais. Vencido polo noxo xira a cabeza, a piques de vomitar a cea toda da véspera. De socate vese reflectido no espello do cuarto e non se recoñece. El tamén é un insecto arrepiante…    

Penso que con este relato cumpro os requisitos do concurso,  e todos pensaredes que ese espello no que o rapaz  se ve reflectido é máxico e transformouno a el e aos seus pais nuns monstruosos insectos…

Pois ben, sinto dicirvos que  estades trabucados. Non é ese o espello máxico do relato. O espello do que eu falo non esta feito de azougue e vidros senón de papel, tinta e palabras. O espello máxico é ese libro que o rapaz le ás agachadas e se titula “A metamorfose” obra do escritor  austríaco Franz Kafka.

Non existe maior e máis potente espello máxico que un libro. Abrir as súas páxinas e como converterse en Alicia e atravesalo para descubrir un marabilloso mundo de fantasía. Un espello no que descubrírmonos, atoparnos, consolarnos, divertirnos  e medrar. Porque un libro non só fala dos outros  senón tamén de nos mesmos.

Un libro é o máis poderoso obxecto máxico que existe no universo todo e por iso nunca falta no cuarto do mago ou na cova da meiga. O seu poder transformador supera ao da variña máxica de Merlín ou ao da lendaria pedra filosofal, aquela que podía converter en ouro calquera mineral con só tocalo.

Un libro, as súas páxinas, o feitizo máxico das súas palabras, pódennos transformar en pirata, lobishome, vampiro namorado, guerreiro medieval, aprendiz de mago, detective privado… ou en arrepinte insecto.

Mais levade coidado, como todo obxecto máxico ten os seus perigos, houbo quen se mergullou nas súas páxinas e perdeuse para sempre nun pesadelo de loucura, como lle pasou ao Quixote. Ou quizabes non, e foi nos libros onde atopou a cordura que lle faltaba ao mundo que ao arrodeaba e que tan pouco lle gustaba.

Estades advertidos, algúns destes espellos máxicos, destes libros, son un camiño de ida máis non de volta. Eu só podo poñervos sobre aviso: a lectura é unha aventura moi arriscada e perigosa.

Remato xa, repetindo os versos do poeta Añón adaptados a estes tempos incertos que estamos a vivir e dirixidos a todos vós:

 

Ai espertade, adorados rapaces,

dese sono dixital en que estades debruzados;

do voso rico porvir a alborada

no espello máxico da lectura enxergándose vai.

-
4
  • Miracle Bust
    21:10 on Xuño 23rd, 2015 1

    Hi, every time i used to check weblog posts here early in the morning,
    since i enjoy to learn more and more.

  • Revita RX Reviews
    02:56 on Xuño 24th, 2015 2

    It is appropriate time to make a few plans for the long run and it’s time to be happy.
    I have learn this post and if I may I wish to counsel you some attention-grabbing things or advice.
    Maybe you could write next articles relating to this article.
    I wish to read more things approximately it!

  • Xtra Booster
    10:35 on Xuño 24th, 2015 3

    Hi mates, nice article and fastidious arguments commented
    at this place, I am genuinely enjoying by
    these.

  • dtawu
    21:41 on Xullo 1st, 2015 4

    są pochopne oddać pełnię transakcji matrymonialnych,
    razem z bliskimi, jeżeli mają że pociągnięcie się na nie
    przysporzy im realną przewaga. Egzystują niewyobrażalnie kunktatorskie
    plus jeśli ano zatem mogę zawrzeć – surowe. W 4 losach na 5 starannie zainteresowane wzięciem
    stwierdzaj do skupionego majątku.

  • Os meus libros

  • As miñas colaboracións en